ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión curta do Nazareno do Barco acompañado pola Asunción do Barrio e do Castelo (Rubiá)

 

Ante a posibilidade de choiva, a imaxe de Xesús Nazareno non percorría as rúas do casco antigo do Barco neste 14 de setembro. Finalmente facíase unha solemne procesión curta dende a igrexa de San Mauro ata a praza Maior, na que o Nazareno estaba acompañado, por vez primeira, pola imaxe da Asunción do Barrio e do Castelo (Rubiá) en lembranza aos incendios que devastaban boa parte da comarca de Valdeorras o pasado mes de xullo. Era un momento moi esperado é o no que as imaxes eran recibidas con aplausos, xa que había dous anos que non se celebraba a procesión do Cristo na vila.

 

 

 

Ademais a comitiva relixiosa ía encabezada polas cruces e estandartes das diferentes parroquias da Unidade Pastoral. Numerosas persoas asistían a esta procesión e á posterior celebración relixiosa na praza Maior da vila, oficiada polo párroco barquense, acompañado por varios sacerdotes de Valdeorras, entre eles o arcipreste de Galicia na Diócese de Astorga, Juan José Prieto.

 

O Nazareno do Barco antes de saír da igrexa de San Mauro para a procesión./ Foto: A.R.

 

A esta celebración relixiosa tamén asistían a meirande parte dos membros da Corporación do Barco, que saían dende o Concello precedidos pola Banda de Gaites de Corvera d’Asturies ata a igrexa de San Mauro. Sen embargo, os que non saían á rúa desta volta eran as Calantornias e os cabezudos. Na organización deste acto contouse coa colaboración da Policía Local que regulaba o tráfico.

Fotos e vídeos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button