ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión da Octava do Corpus en Viloira (O Barco)

 

Trala exitosa primeira edición da Cea Popular que na noite do venres 7 de xuño reunía a unhas 600 persoas na praza de Viloira (O Barco), continuaban as Festas da Octava do Corpus.

 

 

O sábado actuaba a orquestra Fuego e no mediodía deste domingo 9 de xuño tiña lugar un dos actos máis destacados, a misa solemnse seguida da tradicional procesión, encabezada polas nenas e nenos que veñen de recibir a súa Primeira Comuñón. Durante este percorrido relixioso soaba a música do grupo de gaitas Abertal.

 

 

As festas continúan coa sesión vermú amenizada por J. Manuel (ex cantante de París de Noia) e xa pola tarde coa orquestra Marbella que actuará tamén en sesión verbena. O derradeiro día de festas será mañá lus 10 de xuño, con alborada, sesión vermú e baile en sesión continua coa orquestra Saudade.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button