ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión da Octava do Corpus en Viloira (O Barco) con alfombra floral

 

A localidade de Viloira (O Barco) celebra neste domingo a Octava do Corpus. Ás 12:30h. tiña lugar a misa e, seguidamente, a procesión co Santísimo, baixo palio, polas rúas desta vila. Nela participaban os nenos e nenas de Primeira Comuñón, que ían abrindo á procesión, que saía da igrexa parroquial pasadas as 13h.

 

 

Despois iniciábase un percorrido cunha única parada nun altar preparado e adornado pola veciñanza, xunto ao que se elaboraba unha alfombra floral. Alí, os nenos de Primeira Comuñón interpretaban unha canción. Durante o percorrido da procesión, a Policía Local encargábase de regular o tráfico.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button