Dous meses despois das festas da Ascensión, a localidade valdeorrés de Rubiá vive hoxe outra celebración, desta volta unicamente relixiosa, na honra a Santa Mariña, centrada no barrio de Xeadre.
Dende este punto do pobo e diante dun fermoso altar na honra á patroa de Rubiá, saía no mediodía deste domingo 21 de xullo a procesión coa imaxe da Virxe, que percorría parte do pobo valdeorrés ata a igrexa parroquial onde tiña lugar a misa presidida polo párroco Daniel Pérez Quintela e cantada polo coro.
Malia que a festa de Santa Mariña chegou a durar ata catro días pouco a pouco foise reducindo a celebración e dende a pandemia a parte lúdica quedou eliminada quedando unicamente a relixiosa.
Fotos e vídeo: O SIL.