ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión e misa campestre na honra a San Roque, na Rúa

O traslado da imaxe do santo dende a igrexa de Santo Estevo ata a capela tiña lugar no mediodía de hoxe, 19 de agosto

Os veciños non lembran que se dera algunha outra vez unha situación semellante. A chuvia caída na mañá de onte, 18 de agosto, obrigaba a aprazar a procesión de San Roque na Rúa Vella, por iso, un día despois do previsto, no mediodía de hoxe, 19 de agosto, tiña lugar o traslado da imaxe do santo dende a igrexa de Santo Estevo ata a súa capela no campo que leva o seu nome.

Ata alí chegaba a comitiva encabezada polos sacerdotes e a imaxe do santo, despois de percorrer a distancia dende a igrexa co acompañamento musical da charanga Nova Terras de Trives, e de seguido tiña lugar a misa campestre na honra ao santo, no segundo día festivo nesta parroquia ruesa.

Trala eucaristía, a sesión vermú corría por conta da charanga e pola tarde, continúa o programa coa festa da auga para os cativos (18h.) e a actuación da orquestra Cinema en sesión de tarde e verbena.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button