A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Procesión na honra de San Roque na Rúa Vella

 

A Rúa Vella rendía culto neste mediodía de 21 de agosto a San Roque. Ás 12h. celebrábase a misa na súa horna na igrexa de Santo Estevo, oficiada polo antigo párroco, Don Severino, e, deseguido, tiña lugar o traslado da imaxe do santo dende este templo ata a capela de San Roque no campo que leva o seu nome.

 

 

Ata alí chegaba a comitiva relixiosa encabezada polo sacerdote e a imaxe do santo, despois de percorrer a distancia dende a igrexa co acompañamento da Banda de Música Santádega de Coles (Ourense). Entre os fieis había persoas que levaban pans ofrecidos ao santo.

 

 

 

Esta mesma formación musical tamén amenizaba, a partir das 13h., a sesión vermú e pola tarde, ás 19h., está previsto que ofreza un concerto na praza César Conti.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button