OurenseÚltima horaVídeos

Procesións de Semana Santa de fiestra a fiestra, en Ourense

Un grupo de veciños da rúa Bernardo González Cachamuíña crearon un curioso percorrido entre edificios

 

O confinamento ao que obrigou o estado de alarma decretado polo Goberno debido á pandemia do Covid-19, xunto coa prohibición de celebrar calquera actividade que supoña a aglomeración de xente, obrigou á cidadanía a botar man do enxeño. Non só para pasar o tempo na casa, sen poder saír, senón para animar o período de corenteba e ao mesmo tempo manter, na medida do posible, certas tradicións.

Un exemplo témolo na rúa Bernardo González Cachamuíña en Ourense, onde un grupo de veciños idearon un peculiar e orixinal percorrido de fiestra a fiestra, para celebrar as procesións de Semana Santa.

Tal como explican os veciños fan dous pases cada día, dende o xoves ata o sábado. O primero, ás 20:15 horas, xusto despois da convocatoria das 20h. que comezaba coa canción de Resisitré tralos aplausos pero “foise estirando ata dar cabida á Macarena, A Cabritiña, El Gallo e Xuntos de Juan Pardo”. O segundo pase realízase ás 21:30 horas para, “coa noite xa entrada, poder lucir mellor o Paso coa súa propia luz”, explican asegurando que se lles pon a pel de pita cando ven a “gran acollda que tivo esta idea entre os veciños, principalmente os maiores, e sobre todo o fervor co que soan os “vivas” á Virxe.

 

Artigos relacionados

Back to top button