OurenseÚltima hora

Programa de apoio á transformación dixital das pemes, en La Molinera

Cuevas e Coren exporán ao empresariado as súas experiencias de éxito, esta tarde, no marco da presentación de Re-acciona TIC
Exterior do Grupo Cuevas en Ourense.
Exterior do Grupo Cuevas en Ourense.

O Centro de Coñecemento Municipal La Molinera, en Ourense, acollerá esta tarde a presentación do programa Re-acciona TIC, no que empresarios ourensáns coñecerán as posibilidades de aproveitar as novas tecnoloxías para a modernización, transformación dixital e industrial 4.0, así como as experiencias de éxito levadas a cabo por firmas ourensás como Grupo Cuevas e Coren, e as axudas ás que poden acceder.

O Igape e a Amtega veñen de abrir a primeira convocatoria para a solicitude de servizos do programa Re-acciona TIC e esta presentación dará a coñecer as vantaxes que se atopan en accións como a xeración de modelos e simulación industrial, a robotización, aplicacións de solucións de mobilidade, marketing dixital e doutras aplicacións.

A xornada está dirixida a persoal directivo, xerentes, responsables de compras, produción, finanzas… de empresas de calquera sector. Comezará cunha presentación ás 19 horas. Ás 19:15 horas exporase o programa Re-acciona TIC: servizos para o fomento da economía dixital nas pemes, e a partires das 19:45h. nunha mesa moderada pola Tecnópole, as dúas empresas ourensás exporán os seus casos: Grupo Cuevas sobre dixitalización e Coren sobre a implantación dun sistema automatizado de determinación e valoración da calidade mediante visión artificial.

Artigos relacionados

Back to top button