Na mañá deste xoves 17 de decembro os voluntarios da Agrupación de Protección Civil da Rúa procedían á recollida e traslado da primeira quenda dos alimentos non perecedoiros entregados pola poboación en colaboración coa campaña iniciada polo Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense xunto co Banco de Alimentos.
A campaña seguirá en marcha ata comezos de xaneiro, podendo seguir depositando alimentos nos comercios de alimentación que contan cos puntos de recollida, así como no punto habilitado á entrada da Casa do Concello da Rúa.
Foto: Concello da Rúa