A RúaConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa recolle a segunda e última quenda de alimentos cedidos pola poboación

 

Na mañá deste martes 12 de xaneiro, a Agrupación de Protección Civil da Rúa procedía á recollida e traslado da segunda e última quenda dos alimentos non perecedoiros entregados pola poboación. “Grazas a vos, Protección Civil, comerciantes e particulares, axudamos a conseguir un Nadal ‘feliz para todos”, din dende o Concello.

Remata así a campaña iniciada o 17 de decembro en colaboración co Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense xunto co Banco de Alimentos.

 

Fotos: Concello da Rúa

Artigos relacionados

Back to top button