ConcellosÚltima horaVilamartín

Protección Civil de Vilamartín desinfecta a localidade de Valencia do Sil

Protección Civil de Vilamartín desinfectando a localidade de Valencia do Sil.

 

Tal e como anunciaba pola mañá o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, nesta tarde a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Vilamartín procedía a desinfectar a localidade de Valencia do Sil, onde se vén de confirmar neste xoves un positivo por Covid-19.

Dende o Concello de Vilamartín apélase novamente “ao bo facer dos veciños e á súa responsabilidade para axudar a loitar contra esta enfermidade. Ante calquera dúbida teñen o 112 e o teléfono gratuíto 900 400 116 para informarse”, recordan.

Fotos: Concello de Vilamartín de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button