EconomíaEconomíaÚltima hora

Protocolo para a limpeza e desinfección das tendas de moda fronte ao Covid-19

O documento foi impulsado e coordinado por COINTEGA-Clúster Galego Téxtil Moda

 

Despois de case dous meses pechado, o pasado luns 11 de maio abría as portas ao público o sector comercio, un dos máis afectados pola crise do coronavirus. Nese apartado están incluídas as tendas de roupa, calzado e complementos que reabrían con ilusión pero tamén preocupación polas estritas normas de hixiene que deben aplicar aos establecementos e artigos, velando ademais polo cumprimento das medidas por parte dos clientes.

E precisamente, da necesidade de establecer un procedemento para a limpeza e desinfección dos comercios do sector téxtil que “minimice o risco de contaxio fronte ao Covid-19, tanto aos traballadores como aos clientes das tendas de moda vinculadas con marcas galegas”, nacía un protocolo de actuación impulsado e coordinado por COINTEGA-Clúster Galego Téxtil Moda.

 

 

Tal como informan dende o clúster, este documento debe entenderse como “complementario aos plans de prevención de riscos que cada empresa deba implantar”. Así, o sector aposta pola “autorregulación”, coa elaboración deste documento para os seus puntos de venda, que complemente ás guías xa existentes, e mellore a seguridade de traballadores e clientes.

O protocolo consta de catro partes: identificación de zonas críticas (entrada, mostrador, probadores,…); procedemento de limpeza para cada zona (defínese tanto a tipoloxía de produtos como de tratamentos que deben empregarse, así como a forma de aplicalos, dende mopas desinfectantes ata limpeza por vapor); sistema de verificación e chequeo da súa eficacia; e adhesións, xa que o protocolo tamén admite empresas de fóra de Galicia.

PDF do Protocolo de limpieza e desinfeccion de tendas de moda

 

Artigos relacionados

Back to top button