CulturaCulturaÚltima hora

Proxección-coloquio de “Os fillos da vide”, da ruesa Ana Domínguez, na Coruña

Esta incluída no programa de Valdeorras Infinda e terá lugar o 9 de marzo ás 19:30h. no local da Agrupación C. Alexandre Bóveda

 

O colectivo Valdeorras Infinda continúa a súa programación na Coruña cunha nova proxección, seguida de coloquio. Así o vindeiro 9 de marzo ás 19:30 h. proxectarase no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña o documental “Os fillos da vide” da realizadora ruesa Ana Domínguez.

“Os fillos da vide” é unha viaxe que vai do persoal ao ancestral a travé dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e de quen as habitan, debuxan esta mirada na que etnografía e emoción fúndense “nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida”.

 

Fotograma do filme “Os Fillos da Vide” da ruesa Ana Domínguez.

 

Ana Domínguez considérase creadora visual. Con formación e experiencia artística, especialmente en pintura, afrontou o salto ao cine como un proceso natural no que a cámara é unha extensión máis da expresión artística. Actualmente co-dirixe na Coruña o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, adicado ó cine de vangarda. Os Fillos da Vide é a súa primeira longametraxe, e recibiu entre outros os premios Mellor Película Galega no MICE de Compostela e foi seleccionada no Festival de Sevilla.

Artigos relacionados

Back to top button