
A Casa da Cultura de Allariz presenta hoxe, venres 23 de agosto, o documental “Al corazón de Australia”, no que Arturo Guede relata a viaxe que fixo en bicicleta ao centro do país, cun fin benéfico.
Terá lugar ás 20:30 horas e enmárcase nun proxecto para recadar fondos para tres asociacións (dúas relacionadas co corazón e unha con África).