A experiencia do derradeiro pastor de Pombriego (León), Edilberto Rodríguez, é o eixo do documental “El último de Arganeo”, dirixido polo galego David Vázquez. Este filme, cuxo protagonista é o mozo Edilberto Rodríguez, preestreábase o pasado 11 de decembro no Auditorio de Chantada e, tras pasar polo festival de documentais que promove o Museo Etnográfico de Castela e León, facíase co primeiro premio do público, é dicir, co “Cencerro do Público”.
Agora está prevista a súa presentación no Puente de Domingo Flórez. Será o sábado 8 de xaneiro ás 20h. no salón de actos desta localidade da comarca leonesa da Cabrera.