O Concello de Verín convida a cidadanía a gozar do Samaín cunha programación de cinema especialmente deseñada para a ocasión. Os amantes do terror e a fantasía poderán ver na gran pantalla dúas películas que, de seguro, lles farán pasar intres de medo e diversión.
A primeira delas é “El exorcista: creyente”, unha nova entrega desta prestixiosa saga que narra a historia dun novo sacerdote que se enfronta a unha posesión demoníaca. A segunda é “Hei Buh y el castillo embrujado”, unha comedia familiar que conta as aventuras dunha pantasma que vive nun castelo medieval. As proxeccións terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura os días 31 de outubro e 1 de novembro. As entradas serán de balde e pódense recollerse na propia taquilla deste centro cultural.
«Desde o Concello de Verín queremos convidar a veciños e visitantes a celebrar o Samaín dunha maneira única cunha programación de cinema moi especial. Estas dúas películas prometen emoción e diversión para os amantes do terror e a fantasía», salientou a concelleira de Cultura, Samanta Barreira.
Ademais, segundo explicou Barreira, o Concello preparou, coa colaboración da empresa local Mais dun recordo, unha decoración temática no vestíbulo do Salón de Actos da Casa da Cultura, onde os asistentes aos pases poderán sacarse terroríficas fotografías con motivos de Samaín e vivir dunha maneira máis especial estes días.
Por último, Barreira destacou que ao ofrecer esta programación temática de cine, asegurámonos de que todas as persoas poidan gozar do Día de Samaín. «Isto é especialmente importante debido ás previsións meteorolóxicas pouco favorables para eses días da semana, xa que organizar eventos ao aire libre conleva unha alta probabilidade de suspensión».
Horarios das proxeccións