PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE de Ourense renova a súa executiva

Celebraba na cidade das Burgas o seu 3º Congreso Provincial, no que Rafael Rodríguez era proclamado secretario xeral en Ourense

 

Rodríguez Villarino e Gonzalo Caballero, na clausura do congreso provincial do partido socialista.

 

Máis de 250 persoas (entre delegados e convidados) participaban no 3º Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, celebrado na mañá do 20 de xaneiro no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense. No encontro acreditábanse 71 delegados e delegadas que exercían o seu dereito a voto para elixir a executiva provincial, o comité provincial, a comisión ética a comisión revisora de contas.

A executiva nova provincial, que conta con 40 membros, resultaba aprobada cun respaldo do 68,5% dos votos (50 a favor, 23 brancos e 0 nulos). O seu secretario xeral é Rafael Rodríguez Villarino, vencedor nas primarias, e o vicesecretario de Relacións Institucionais é Álvaro Vila. Dela tamén forman parte os valdeorreses Ofelia Puente Carracedo (número 8) na Secretaría de Política Social e Aurentino Alonso Araújo, na Secretaría Executiva. Tamén figura nela a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, na Secretaría Executiva.

 

Outro dos momentos do congreso.

 

O comité provincial (cun respaldo do 63,3% dos votos) está integrado por 36 persoas, entre as que están os vianeses Santiago Barja e Germán García, así como a bolesa Rosa María Pérez. Ademais saía adiante a comisión de ética, cun 66,1% de votos, e a comisión revisora de contas cun 64,7% de respaldo.

Durante a súa primeira intervención tras ser proclamado secretario xeral dos socialistas ourensáns, Rafael Rodríguez Villarino, apelaba ao “diálogo” co fin de “fortalecer” o partido. E, xa durante a clausura, que contaba coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; aseguraba que a nova executiva electa “é de todos e de todas porque somos servidores do partido e da cidadanía”. E incidía en que os que “estamos na executiva e os demais compañeiros/as do partido, debemos estar xuntos para transformar esta provincia clientelar e, por iso, imos conseguir ter a primeira deputación socialista da historia de Ourense”.

 

Delegados valdeorreses do partido socialista no cónclave provincial.

Rodríguez Villarino sinalaba que “non temos medo e imos saír ás rúas para convencer e emocionar ás persoas de que hai unha alternativa” e destacaba que “xa acabaron as nosas loitas internas porque a xente está esperando por nós”.

Pola súa banda, Gonzalo Caballero reivindicaba na clausura o legado dos socialistas e o seu traballo “sempre a prol dunha sociedade máis xusta, con menos desigualdade e na que ninguén se quede na cuneta”. Puxo en valor a “reconstrución” e o “reforzo” do partido e aseverou que servirá para conquerir “un cambio” como o que protagonizaron os dous expresidentes socialistas da Xunta, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

 

Imaxe do peche do congreso.

Nese camiño de cambiar as cousas Caballero chamba a “traballar arreo” man a man coa sociedade civil, da que el mesmo forma parte como docente, para que se mobilice “pola opción de cambio” e os socialistas lideren esa renovación. “Somos o partido do cambio”, sinalou, tanto para o goberno central como para a Xunta e para a provincia de Ourense.

NOVA EXECUTIVA PROVINCIAL
1. Sª XERAL: RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO
2. VICESª DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS: ÁLVARO VILA ARAÚJO
3. Sº DE ORGANIZACIÓN: JUAN CARLOS FRANSCICO RIVERA
4. Sª DE POLÍTICA MUNICIPAL: SUSANA RODRÍGUEZ ESTÉVEZ
5. Sª DE ACCIÓN ELECTORAL: DIEGO FERNÁNDEZ NOGUEIRA
6. Sª DE IGUALDADE: ZAIDA RODRÍGUEZ CAMBA
7. Sª DE ECONOMÍA: XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL DOVAL
8. Sª DE POLÍTICA SOCIAL: OFELIA PUENTE CARRACEDO
9. SªDE MEMORIA HISTÓRICA: FRANCISCO JAVIER QUINTAS FERREÑO
10. Sª DE FORMACIÓN: ESTELA ESTRADA MOSQUERA
11. Sª DE MEDIO AMBIENTE: JOSÉ ANTONIO PÉREZ DOMÍNGUEZ
12. Sª DE EDUCACIÓN: MARÍA ALIDA IGLESIAS GIL
13. Sª DE SANIDADE: EMILIO GONZÁLEZ AFONSO
14. Sª DE ACTIVISMO, MOVEMENTOS SOCIAIS E DIVERSIDADE: ANDREA CARBALLO NÓVOA
15. Sª DE INFRAESTRUTURAS E ORDENACIÓN DO TERRITORIO: FEDERICO PÉREZ MATO
16. Sª DE CULTURA: ISABEL SALGADO PARADA
17. Sª DE NOVAS TECNOLOXÍAS: MANUEL REGO LÓPEZ
18. Sª DE DEREITOS E LIBERDADES: SUSANA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
19. Sª DE DEMOGRAFÍA E DESPOBOAMENTO: MARÍA ALEXIA GUEDE FERNÁNDEZ
20. Sª DE XUSTIZA: JOSÉ JAVIER GARCÍA GAGO
21. Sª DE TRABALLO: BEATRIZ DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ
22. Sª DE MEDIO RURAL: JOSÉ ALBERTO MARTÍNEZ MORALES
23. Sª DE EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN: LUÍS GULÍN IGLESIAS
24. Sª DE INDUSTRIA E COMERCIO: MARÍA JESÚS MIRANDA CORTÉS
25. Sª DE ADMINISTRACIÓN E FUNCIÓN PÚBLICA: JOSÉ ANTONIO CORRAL ÁLVAREZ
26. Sª DE TURISMO E PATRIMONIO: ANTÓN ALONSO SUÁREZ
27. Sª DE DEPORTES: JOSÉ NICANOR MUÑOZ PALACIOS
28. Sª EXECUTIVA: SARA INÉS VEGA NÚÑEZ
29. Sª EXECUTIVA: ANTONIO GONZÁLEZ FIUZA
30. Sª EXECUTIVA: LAURA REQUEJO GONZÁLEZ
31. Sª EXECUTIVA: JUAN MANUEL QUINTAS LORENZO
32. Sª EXECUTIVA: ROSA MARÍA OUTERELO BACA
33. Sª EXECUTIVA: MARÍA ÁNGELES ÁLVAREZ RAMOS
34. Sª EXECUTIVA: JOSÉ LUÍS RODRÍGUEZ FERRER
35. Sª EXECUTIVA: BENIGNO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
36. Sª EXECUTIVA: BERTA RODRÍGUEZ PÉREZ
37. Sª EXECUTIVA: RAFAEL PÉREZ MARTÍNEZ
38. Sª EXECUTIVA: JUAN CARLOS MARTÍNEZ IGLESIAS
39. Sª EXECUTIVA: JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ
40. Sª EXECUTIVA: AURENTINO ALONSO ARAÚJO

Artigos relacionados

Back to top button