ConcellosO BarcoÚltima hora

Publicada a distribución das mesas do xantar da XXII Festa do Botelo do Barco

 

Conta atrás para o xantar oficial da XXII Festa do Botelo que reunirá mañá a máis de 1.150 persoas no pavillón barquense de Calabagueiros.

Coma sempre a maquinaria para a elaboración do menú no exterior do propio pavillón xa se puxo en marcha coa colocación das carpas na parte de atrás do edificio; e tamén no interior, que se convertirá por unhas horas nun gran restaurante, comezaron os labores.

E como en anos anteriores, para que ninguén teña dúbidas de onde se ten que sentar, o Concello do Barco de Valdeorras vén de facer pública a distribución das 17 mesas, indicando o nome de grupo que reservou as prazas así como o número de comensais por cada un.

A cita será mañá sábado 20 de xaneiro a partir das 14:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button