AutomobilismoDeportesEn portadaÚltima hora

Publicada a lista de inscritos da IV Subida a Valdeorras

III Subida a Valdeorras celebrada en agosto de 2001./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Comeza a conta atrás para a IV Subida a Valdeorras que se celebra esta fin de semana no concello do Barco.

Desenvolverase pola estrada OU-121 entre Viloira (saída) e Santigoso (meta) cunha distancia total de 5.350 metros, un desnivel de 302 metros e pendente media do 5,64%. O sábado pola mañá de 8 a 12 horas serán as verificacións administrativas dos equipos de competición e técnicas dos vehículos no parque pechado, no Campo da Festa. Ás 12:15 horas sairán os coches rumbo a Viloira coa asistencia na rúa principal e presentación dos equipos e a partir das 13 horas arrancará a primeira manga de adestramento. Despois haberá dúas carreiras oficiais.

O domingo repetirase o esquema competitivo: ás 9:30 horas iniciarase a segunda manga de adestramento e a continuación as dúas carreiras oficiais, rematando a proba coa entrega de trofeos na praza Otero Pedrayo de Viloira.

Tal como publicaba na xornada deste xoves 6 de outubro a organización, son 30 os inscritos na lista aprobada pola RFEDA.

Máis información na edición de outubro de O Sil Deportivo.

 

Lista de inscritos na Subida a Valdeorras aprobada pola RFEDA.

 

Artigos relacionados

Back to top button