OurenseÚltima hora

Publícase o traballo editorial “Verín, enclave de gaita”, de Ruth Foxo

Sae á luz mañá, día 22 de agosto

O novo traballo editorial de Ruth Foxo, “Verín, enclave de gaita”, sairá á luz mañá, día 22 de agosto. Está editado polo Concello de Verín, dentro do programa do mesmo nome que pretende achegar á vila a historia deste instrumento.

 

 

“Unha publicación que se poderá adquirir de xeito gratuíto ao achegarse ata a mostra de gaitas primitivas que alberga o Museo Claustro Mercedario e que pode ser de grande axuda para a súa visita xa que analiza os dezaseis exemplares que se expoñen”. A autora expresaba o desexo de chamar a atención dos interesados “cunha visita con ollos novos e curiosos”.

Artigos relacionados

Back to top button