ConcellosO BarcoÚltima hora

¿Que debe facerse no caso de atopar un niño de velutina?

Dende o Concello do Barco, adherido ao plan de retirada acordado entre a Xunta e a Fegamp, lémbranse os pasos a seguir nesta situación

Niño de Vespa velutina./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco acollíase no ano 2019 ao plan de actuación que a Xunta de Galicia acordou coa Fegamp para a retirada dos niños da Vespa velutina en todo o territorio galego para 2020. Isto supón que dende o pasado mes xaneiro a empresa Seaga é a encargada de atender os avisos de niños de Vespa velutina relativos a este municipio que sexan alertados polos cidadáns mediante chamada ao teléfono 012.

A atención de Seaga implica, “en principio, a retirada ou neutralización dos niños activos nun prazo máximo de 5 días hábiles desde que se produce o aviso a través do teléfono 012. O dito prazo poderá ser maior de 5 días cando concorran especiais circunstancias, como é o caso de niños inalcanzables por estar a máis de 25 metros de altura ou inaccesibles por requirir de permisos de propietarios, permisos administrativos ou calquera outra actuación complementaria”, segundo a información achegada polo Concello do Barco.

Polo tanto, destacan dende o Concello do Barco, o procedemento é chamar ao 012, “sempre, e é nese teléfono onde determinan quen debe retirar o niño, dependendo da súa ubicación e da súa potencial perigosidade”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button