O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o 8 de abril a orde pola que se declara non hábil para a práctica comercial o próximo Venres Santo, 10 de abril. En calquera caso, seguen a ter por lei liberdade para abrir, unha serie de establecementos que, segundo confirma a Consellería de Economía, son os seguintes:
- os establecementos adicados esencialmente á venda de produtos de pastelería, repostería, churrería,
- pan,
- pratos combinados,
- prensa,
- as chamadas tendas de conveniencia,
- os establecementos adicados á venda de combustible e carburantes,
- e os establecementos que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de ata 300 metros cadrados que teñan a consideración de peme cuxa actividade comercial non se atope suspendida polo estado de alarma.