En portadaÚltima hora

“Quedamos sen nada. Necesitamos axuda”

A familia que acababa de alugar a casa ardida en Tremiñá (O Barco), e que nese momento non estaba nela, pide axuda para saír adiante

A casa que resultaba completamente calcinada nesta madrugada en Tremiñá (O Barco) acababa de ser alugada a unha familia colombiana formada por nai, María Teresa Vázquez  e fillo, Rusbel Trujillo. Xa trasladaran alí todas as súas pertenzas, aínda que no momento do suceso non estaban no interior da casa.

Como consecuencia do incendio, perdérono abslutamente todo, incluída parte da súa documentación, e agora solicitan axuda para poder saír adiante. “Non nos quedou nada”, din. En concreto a María Teresa Vázquez, que é modista, ardéronlle dúas máquinas de coser, que eran as súas ferramentas de traballo, xa que é modista. Neste senso piden axuda para, polo menos, poder adquirir unha máquina e continuar traballando.

Esta familia levaba tan só un mes na comarca de Valdeorras. Se alguén quere colaborar para axudar a esta familia pode poñerse en contacto con Rusbel no teléfono 631090519.

Máis información e fotos:
https://osil.info/arde-por-completo-unha-vivenda-en-tremina-o-barco/

Artigos relacionados

Back to top button