A Asociación de Coveiros de Vilamartín de Valdeorras vén de presentar a aplicación para a XXIII Festa das Covas, que será o vindeiro sábado 3 de agosto. Así, Roberto Dobao é o creador da aplicación e dende a organización agradecen que fixera este traballo de forma altruísta.
O contido desta app consiste en información relacionada coa XXIII Festa das Covas, actos e actividades que terán lugar no pobo durante a fin de semana, notificacións en vivo con información de interese, suxerencias e consultas, e incluso unha pequena rede social para compartir experiencias, imaxes, etc. Ademais, tamén hai unha opción de suxerencias e ofertas de empresas locais.
Sen embargo, por problemas de tempos de publicación do App Store de Apple, este ano non se poderá descargar neste tipo de dispositivos, pero para Android, este é o enlace para descargalo: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.appymes.apps.android5d07a67beb26e