En portadaÚltima hora

Quince concellos ourensáns únense para acceder aos fondos europeos de recuperación

Veñen de presentar unha primeira iniciativa, un "proxecto eco-dixital para o impulso do comercio local na área norte da provincia"

Foto: Carlos G. Hervella.

 

As administracións locais, as máis cercanas á poboación e que xa tiveron un papel determinante durante a pandemia, poden ser tamén claves no proceso de reactivación socioeconómica tras o Covid accedendo tamén aos fondos de recuperación europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

En setembro convocábanse algunhas das primeiras liñas de axudas para concellos que ascenden a 315 millóns de euros en tres anos e que están destinadas a impulsar a actividade comercial. Dese total, 15 millóns son para favorecer a actividade en zonas rurais, outros 100 para facelo en áreas turísticas, e os 200 restantes para favorecer os mercados sostibles.

Esta convocatoria non pasou desapercibida para os concellos da provincia de Ourense. De feito, tras unha reunión celebrada o pasado 21 de setembro en San Xoán de Río, 15 concellos decidían unirse e establecer unha rede que lles permita acceder aos fondos europeos de recuperación. Xa prresentaron un proxecto (a través dunha consultora) na liña de apoio á actividade comercial.

 

 

Trátase dos concellos de Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil, A Teixeira, Montederramo, San Xoán de Río, Manzaneda, Vilariño de Conso, Larouco, Petín, A Rúa, O Bolo, A Veiga, Esgos, Nogueira de Ramuín e Chandrexa de Queixa. Reúnense baixo o nome “Ourense norte” cun “Proxecto eco-dixital para o impulso do comercio local na área norte da provincia de Ourense”.

Así, veñen de presentar un primeiro proxecto con 31 medidas para desenvolver no comercio en eidos como a transformación dixital (6 actuacións), a transformación do punto de venda (7 actuacións), a sostibilidade e economía circular (4 actuacións), a cadea de subministro e trazabilidade (5 actuacións), a sensibiliazacióin e formación (6 actuacións) e a promoción e difusión nos municipios (3 actuacións).

Este pretende ser un punto de partida destes concellos de “Ourense norte reacciona” para acceder nos vindeiros anos máis axudas dos fondos europeos de recuperación.

Máis información no tema de “En Portada” da edición en papel de outubro do Periódico O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button