CulturaCulturaÚltima hora

Quinta asemblea da Federación de asociacións da Ribeira Sacra no Saviñao

Imaxe da asemblea./ Cedida.

 

A Federación de asociacións da Ribeira Sacra celebraba o pasado sábado unha nova xuntanza de traballo. Trátase da súa quinta asemblea e nela presentábanse as conclusións das primeiras xuntanzas das diferentes mesas de traballo que se impulsaron desde a anterior asemblea en Sober. Estas mesas son as de Benestar e Igualdade, Participación, Patrimonio e Lingua e Territorio e Rural Vivo que están mapeando necesidades e alternativas que cómpre socializar. “A inscrición ás mesas continúa aberta agradecendo desde perfís científicos até voluntariado, xa que o labor é inxente”, lembran dende esta entidade.

Igualmente, esta federación ten vocación de expansión e proxección exterior, para o que se editou o primeiro número do voceiro O Ribeirao e da asemblea naceu a proposta de impulsar unha revista con estudos sobre a Ribeira Sacra (anexamos nº 0 da publicación).

Por outra banda, a federación confeccionou unha primeira proposta de regulamento interno para a que se abre un período de emendas até o 31 de marzo de 2023 e que será definitivametne aprobado na vindeira xuntanza en Nogueira de Ramuín.

Por último, a federación atende tamén ás problemáticas locais, demandando ao Concello de Saviñao e a Vodafone a retirada de dúas antenas de telefonía móbil no barrio de Mondavide.

Artigos relacionados

Back to top button