
O vindeiro luns, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias. Con motivo desta celebración o Concello de Quiroga ten prevista unha recepción aos colectivos culturais do municipio.
A recepción terá lugar a partir da unha do mediodía na Casa Consistorial, onde tamén se fará entrega dos agasallos aos nenos e nenas premiados no Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas organizado pola Biblioteca Municipal para os nenos de 5 a 11 anos de idade. Os autores dos traballos seleccionados foron: Iván Franco Ferrín nas modalidades de Debuxo e Narración dentro da categoría C (de 9 a 11 anos); Breixo Fernández Méndez e Valentina Aguado Sánchez na categoría A (ata 8 anos), na modalidade de debuxo.
Como remate da recepción, o grupo de gaitas O Recanto interpretará varios temas diante da casa do concello.