ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga pon en marcha o programa “Madrugadores” no Centro de Educación Infantil e Primaria

Conta con 25 prazas e desenvolverase nas instalacións do ximnasio entre as 8 e as 9:45 horas

CEIP de Quiroga./ Foto: Facebook do Concello de Quiroga.

 

A área de Educación e Infancia do Concello de Quiroga vai poñer en marcha o programa “Madrugadores” que conta con 25 prazas e desenvolverase nas instalacións do ximnasio do CEIP entre as 8 e as 9:45h.

Tal como indica dende o Concello, o servizo “vai dirixido exclusivamente a pais que traballen nese horario e que precisen atención para os seus fillos antes da entrada do colexio”. Como recalcou a concelleira de Educación e Infancia, Mayte Pérez Grao, “o servizo nace da necesidade de conciliar a familia e o traballo”.

Unha monitora encargarase de realizar actividades lúdicas cos nenos que deberán acceder ao patio do centro educativo chamando ao timbre da porta pequena para que lles abra o conserxe.

O servizo que se levará a cabo todos os días lectivos, ten un custo, que pode ser mensual (30€) ou por días soltos (5€ por día), tendo desconto por irmáns (5€).

Os pais interesados deben cubrir un formulario de solicitude de praza que está dispoñible no CEIP de Quiroga e na páxina web do centro educativo e entregalo antes do 27 de setembro. Ao día seguinte sairá a lista definitiva de admitidos.

Artigos relacionados

Back to top button