ConcellosÚltima hora

Rali de Inverno pola Ribeira Sacra, Trives e Valdeorras

A carreira de coches clásicos celebrarase os días 3 e 4 de xaneiro, con saída da primeira etapa na praza da Compañía en Monforte
Presentación do rali de clásicos no Concello de Monforte de Lemos.

A explanada da Compañía, de Monforte de Lemos, será o punto de saída da primeira etapa da edición XII+I do Rali de Invierno-Ribeira Sacra, que se celebrará os días 3 e 4 de febreiro. O evento está organizado polo Rali Club de Invierno e, entre outros, colaboran o Concellos de Monforte, A Rúa e Manzaneda.

Un total de 59 participantes están xa inscritos, boa parte deles, procedentes de Portugal; pero tamén chegarán ata Monforte participantes doutras localidades españolas, como por exemplo, Madrid, Ávila, Oviedo, Gijón, Pamplona, Trevías (Asturias), Vigo, Santiago, Carballiño, Silleda Ourense, Nigrán, Vilagarcía, Tui e A Rúa.

Tal como exlicaron na presentación feita no Concello de Monforte, as persoas interesadas en desfrutar deste tipo de vehículos con máis de 25 anos, poderán achegarse ata a praza da Compañía entre as 14 e as 16 horas do venres, aínda que  é posible que antes desa hora algún deles estea xa alí estacionado.

 

A primeira etapa do XII+I Rali de Invierno sairá da praza da Compañía en Monforte de Lemos.

A saída dende os Escolapios está prevista ás 16:01 en dirección á estrada da Vide. O percorrido previsto é o seguinte: Paseo de Lugo, rúa Escultor Francisco Moure, rúa Cardeal, Avenida de Galicia e rúa Chantada. O final da meta será en Ferreira de Pantón en tono ás 18:40h.

Ao día seguinte, os participantes no rali partirán rumbo á Pobra de Trives (12:30h.) para continuar rumbo a Manzaneda (12:45h.) e de aí á Rúa, onde permanecerán estacionados na rúa Doutor Vila de 13:30 a 15:01h. Alí xantarán os condutores antes de partir rumbo ao final da carreira.

Na presentación estiveron José Rodríguez e Alfredo Bárcena, membro sda directiva do Club Rali de Invierno; José Tomé, alcalde de Monforte; e Luis Fdez. Guitián, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button