Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Ramón Padrón lidera a lista de CxG en Barbadás

A candidatura, da que forman parte 30 persoas, presentábase o 19 de abril
Acto de presentación da candidatura de CxG en Barbadás.
Acto de presentación da candidatura de CxG en Barbadás.

O local social de San Lourenzo de Piñor convertíase o 19 de abril en escenario da presentación da candidatura coa que Compromiso por Galicia (CxG) se presentará ás eleccións municipais en Barbadás. Trátase, segundo explican dende este partido, dunha “iniciativa veciñal” que reúne a medio cento de veciños “para apoiar ás 30 persoas que configuran a lista”.

A candidatura está liderada por Ramón Padrón Calviño e dela forman parte “persoas procedentes de todos os ámbitos profesionais (amas de casa, do mundo da empresa, traballadores e directivos, pequenos empresarios e comerciantes, autónomos, persoal do servizo público, voluntarios, estudantes…); persoais e culturais co único obxecto de servir de ferramenta para que o concello medre en todos os ámbitos (social, cultural e civil) e contribuír así ao progreso de Galicia”, segundo explican dende CxG.

Ademais de Padrón, a candidaura inclúe (do segundo ao décimo posto, nesta orde) os nomes de Dolores Ceballos, Marta Fernández, Pablo Ramos, Manuel Varela, Daniel Conde, José Carlos López, María da Concepción Rodríguez, Esperanza Carrera e Miguel Ángel de la Torre.

A intención desta formación é “impulsar iniciativas dende os veciños e cidadáns para devolver a política do ben común aos seus verdadeiros protagonistas”. Con esta pretención faranse reunións de traballo con asociacións de veciños e coas parroquias para “coñecer as verdadeiras carencias e necesidades e poder actuar sobre elas, sempre contando directamente e a pé de rúa cos veciños”.

Artigos relacionados

Back to top button