CulturaCulturaÚltima hora

“Raposadas” con Raquel Queizás, na Biblioteca Municipal de Verín

Con este contacontos completábase a programación intantil que esta instalación desenvolveu durante este curso escolar
A raposa protagonista do contacontos de Raquel Queizas, en Verín./ Foto: Concello de Verín.

Da man dunha raposa moi lista e curiosa, os nenos que se achegaban na tarde do 15 de xuño á Biblioteca Municipal de Verín camiñaban entre historias, contos, adiviñas, divertidos xogos e tamén cancións. Esta figura era a protagonista do espectáculo “Raposadas” que Raquel Queizás presentaba en Verín e co que facía desfrutar aos máis pequenos, botando man de contos populares galegos.

 

Outro dos momentos deste contacontos./ Foto: Concello de Verín.

 

“A autora, con estos relatos, pretende axudar a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións”, din dende a Biblioteca de Verín.

A actividade estaba dirixida a 40 socios da biblioteca, con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos, que gozaron da divertida narración de Raquel Queizás.

Este contacontos supuxo a clausura da programación intantil que a Biblioteca Pública Municipal de Verín levou a cabo durante a tempada correspondente ao curso escolar deste ano.

 

Voluntarios da Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button