CulturaCulturaÚltima hora

“Rastros”, de Roberto Vidal Bolaño, este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco

 

Coincidindo co vinte cabodano do falecemento de Roberto Vidal Bolaño, o seu teatro volve ao escenario do Barco. Condetrespés (en coprodución co Centro Dramático Galego) presenta “Rastros”, peza orixinal deste autor con adaptación e dirección de Lois Blanco, este venres 29 de abril ás 21h. no Teatro Lauro Olmo.

A obra conta o intento de suicidio dunha muller convoca durante o tempo no que permanece ingresada na UVI á espera dun desenlace incerto os tres homes cos que compartiu os seus sentimentos, soños e ilusións. Ao longo desa tensa espera, reflexionan arredor das grandezas e das miserias da súa vida en común, relembran o que foi a súa existencia e as razóns que levaron a cadaquén a ser o que é e a estar onde está.

Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera e Mateo Franco compoñen o elenco da nova coprodución do CDG. Completan o equipo artístico Diego Valeiras, responsable da escenografía e do vestiario, e Dani Juncal, do deseño de son e de iluminación.

 

Artigos relacionados

Back to top button