EconomíaEconomíaÚltima hora

Reabre as portas con nova xerencia A’Skina, local de hostalaría na Rúa

 

Tras un par de meses pechado, o bar A’Skina volve abrir as portas ao público con nova xerencia.

Da man de Manoli Losada Vieira, o local de hostalaría rues sito entre as rúas Doutor Vila e Circunvalación, fronte a estación de tren, reabría na tarde deste sábado 2 de marzo, ás portas da Semana Santa, ofrecendo unha variada selección de tapas e pinchos aos asistentes (xabarín guisado, patacas, montados de lombo e queixo, polo,…) mostra do que ofrecerán no día a día, ademais dos almorzos. O horario de apertura será as 8 da mañá.

Xunto á propia Manoli, á fronte do local tamén estará Mónica Ausin.

 

Manoli servindo un viño.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button