En portadaÚltima hora

Reactívanse as obras da estrada de circunvalación do Barco

Esta é unha das 24 actuacións da rede de estradas do Estado en Galicia que se retoman, segundo o delegado do Goberno

 

Na mañá deste 20 de maio celebrábase unha reunión telemática entre o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e os responsables da Demarcación de Estradas, Ángel González, e da área de Fomento, Ana Quintairos. No seu decurso repasábanse as diferentes actuacións e en Galicia e o seu estado actual, tras os primeiros meses de pandemia.

Neste senso, analizouse a reactivación das obras que se pararon pola crise sanitaria, así como as que tiveron que ralentizarse e aquelas que apenas se viron afectadas polo estado de alarma, principalmente actuacións de conservación.

 

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, durante a reunión desta mañá.

 

Tras a xuntanza informábase de que na actualidade estanse executando 21 obras na Rede de Estradas do Estado en Galicia por importe de 336,9 millóns, ás que se suman outras tres en licitación, por importe de 37,8 millóns. Isto supón a reactivación de 24 actuacións en infraestruturas de Galicia por un importe global de 375 millóns de euros.

Entre esas actuacións figura a estrada de circunvalación do Barco (en execución e cun orzamento de 47,2 millóns de euros), as autovías A-54 (dous tramos); A-56 (un tramo)e a A-57 (un tramo).

 

O alcalde do Barco, Alfredo García./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A nova do inicio das obras na conexión barquense era valorada de xeito moi favorable polo alcalde, Alfredo García. “É certo que se estiveron facendo cousas, sondaxes, seguiuse limpando en sitios, algo que era necesario, pero a xente xa está desexando porque mo din e eu tamén, ver máquinas mover terra e traballar en serio. Eu estaba ao tanto deste tema e sabía que en breve íamos empezar, así que é unha boa noticia”.

Artigos relacionados

Back to top button