ConcellosEn portadaÚltima hora

Reactívase o incendio de Valdeorras no límite entre Carballeda e Puente de Domingo Flórez

 

Complícase de novo a situación no incendio de Valdeorras. Un dos puntos que máis preocupa nestes momentos é a zona do límite entre Carballeda e o Puente de Domingo Flórez, no límite entre as provincias de Ourense e León. Así pode verse nestas imaxes tomadas en Pumares (Carballeda de Valdeorras).

Especialmente difícil está sendo neste momento a situación en Quereño coas chamas moi preto das casas.  No lugar están traballando numerosos medios de exitnción terrestre e aéreo.

Como consecuencia deste incendio está tamén cortada a estrada N-536 no límite provincial dende ás 19:18h. desta tarde, segundo informa a DXT.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button