CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Rebusca festexa con poesía e rock “do país” as Letras Galegas en Manzaneda

As actividades comezarán pola tarde no patio da Rebusca con recital de poesía para nenos e música, e continuarán pola noite no local da asociación con dous concertos
As actuacións voltarán ao escenario da Rebusca na tarde do 20 de maio./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pensada para os máis pequenos, pero tamén para os maiores. Así será a celebración das Letras Galegas que a Asociación Cultural A Rebusca organizará o sábado 20 de maio en Manzaneda. O programa comezará a partires das 19h. cun recital de poemas para nenos ás sete da tarde no “Patio da Rebusca”.

Seguidamente darase paso, nese mesmo lugar, á música de autor da man de dous convidados. Primeiro actuará o cantautor Andrés Fernández e logo Tino Vaz. E xa pola noite, ás 23h., as propostas estarán dirixidas aos maiores e trasladaranse ao escenario do local social da Asociación Cultural A Rebusca. Sobre el poderá verse a Xosé Luis Rivas Cruz “Mini” e a Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”, un dúo de cantautores da Terra Cha e tamén investigadores da tradición musical galega, que despregarán a súa “canción protesta”.

Logo a música continuará, pero cun notable cambio de estilo. Ao escenario subiranse os compoñentes de Ruxe Ruxe para dar un concerto no que contaxiarán ao público do seu singular ritmo rock. As entradas aos concertos terán un prezo de 5 euros para os non asociados.

Coa actuación de Ruxe Ruxe completarase o programa das Letras Galegas en Manzaneda, organizado pola Asociación Cultural A Rebusca en colaboración co Concello.

 

Cartel da celebración.

Artigos relacionados

Back to top button