DeportesÚltima horaVídeos

Recepción aos deportistas que representaron ao Concello do Barco nos 15º Xogos do Eixo Atlántico

Recibían un recoñecemento ao igual que os equipos júnior de baloncesto que quedaron campión e subcampión provincial na liga

 

Doce días despois de ser despedidos polo alcalde e o concelleiro de Deportes, os deportistas de atletismo e baloncesto que representaron ao Concello do Barco nos 15º Xogos do Eixo Atlántico, volvían ao Salón de Actos do edificio multiusos barquense, desta volta para recibir os parabéns e o recoñecemento oficial.

Os mellores resultados eran a delegación de atletismo. Sergio Fernández que lograba a prata en lanzamento de peso; Tania Peláez o bronce en 100 metros lisos; Aaron Pérez o ouro en 100 metros lisos; e o equipo formado por Mateo Valcarce, Saúl Crespo, Xoel Pungín e Lucas Valcarce, outro ouro en ruta. Un trofeo que Lucas entregaba ao Concello “porque este premio non é para o Adas Cupa senón para O Barco”, dixo Agustín González.

 

 

Tralos parabéns e palabras de agradecemento e ánimo en nome do Concello, Aurentino Alonso e Alfredo García entregaban orixinais medallas de galleta aos deportistas.

No caso da delegación de baloncesto, o equipo masculino chegaba a semifinais mentres que o feminino “facía moi bo papel pero caía antes”. Con todo, dende o Concello aproveitaban este acto para recoñecer tamén oficialmente a excelente tempada dos equipos júnior feminino e masculino do MV Barco, campión e subcampión na liga provincial de baloncesto, respectivamente.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button