CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Recepción no Concello do Barco aos participantes no intercambio entre o IES Lauro Olmo e un nstituto de Basilicata (Italia)

 

Na mañá deste luns 24 de febreiro, o alcalde do Barco, Alfredo García e os concelleiros de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta e Deportes, Aurentino Alonso, recibían no Salón de Actos do Concello aos alumnos do IES Lauro Olmo que este curso están a participar no intercambio posto en marcha cun instituto de Basilicata (Italia).

Este é o segundo ano consecutivo que o instituto participa neste programa de intercambio, no que nesta ocasión participaron 8 alumnos e 2 profesores. Os estudiantes do Barco xa viaxaron hai algunhas semanas a Italia, e agora tocoulles o turno aos alumnos de Basilicata pasar esta semana no Barco.

 

 

Os participantes nesta iniciativa -tanto os barquenes como os de Italia- contan cun amplo programa de actividades para coñecer a vila, Valdeorras e algún punto máis de Galicia. No Barco, ademáis da benvida realizada polo alcalde e os concelleiros, a concelleira de Cultura e Educación informoulles de xeito máis detido sobre a Festa do Botelo, e entregou unha camiseta desta celebración a cada un dos participantes.

“Estou segura”, dixo, “de que a partir de agora seredes os mellores embaixadores do Barco e da nosa Festa do Botelo en Italia”. O alcalde, pola súa banda expresou o seu desexo de que estes intercambios sexan a base para que O Barco sexa coñecido polos seus moitos atractivos en Italia, e animou ao centro a continuar con estas iniciativas, tremendamente enriquecedoras para os estudiantes.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button