
Cada 5 de xaneiro pola tarde, os Reis Magos percorrían a localidade da Rúa, dende as residencias dos Pinos e Fátima ata a parroquia de Santo Estevo, para rematar nas escaleiras da Casa do Concello onde recibían aos nenos e nenas do municipio.
Este ano a pandemia de coronavirus e a delicada situación na que aínda se atopa A Rúa (con 10 casos activos), obrigou ao Concello a cambiar o formato da tarde de Reis e, en lugar da tradicional cabalgata e recepción física, optaron por unha recepción virtual. Así, na tarde deste 5 de xaneiro de 2021, Melchor, Gaspar e Baltasar puxéronse en contacto por videochamada cos cativos da vila previamente inscritos. Tamén enviaron unha mensaxe a través das redes sociais para todos os nenos e nenas do concello.
Para escoitar a mensaxe, premer aquí: https://fb.watch/2Qlwpu7J8G/
