Sobre o escenario rematarán o curso o alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música Tradicional do Concello de Castro Caldelas, que dirixe Diego Prieto. Acutarán para veciños e visitantes o vindeiro 22 de xuño ás 18:30h. na praza do Prado.
Ademais estarán acompañados por unha agrupación convidada, Ferriñas Bravas. O alumnado desta escola recibe clases de Gaita, Percusión, Pandeireta e Baile.
