CulturaCulturaÚltima hora

Recital de poesía na Rúa da man do polifacético artista Jesús G. Trincado

Jesús González Trincado no bar “O 4” da Rúa. /Foto cedida.

 

Nado en Vilela (A Rúa), Jesús González Trincado viviu en cidades como Toledo, Ourense, Madrid, Cantabria ou Asturias, recalando finalmente en La Rioja onde reside actualmente. E en todas deixou a súa impronta surrealista con obras que abarcan dende a pintura ao óleo, acuarelas, aguadasguaches ou debuxo a plumilla, ata grabados e mesmo escultura (en madeira, bronce e barro).

Trincado tamén domina a arte das letras e na tarde deste domingo 26 de setembro achegábase ata a terraza do bar “O 4”, en plena praza do Concello da Rúa, para amosar aos seus veciños a súa faceta como poeta e escritor, compartindo parte do seu repertorio poético. Un recital ao que asistía en torno ás 45 persoas.

 

Público asistente ao recital na praza do Concello da Rúa. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button