EconomíaEconomíaÚltima hora

Recital de sabores no “Val de Quiroga de Tapas”

Dez establecementos (7 de Quiroga e 3 de Ribas de Sil) participan nesta edición da ruta cunha gran variedade de propostas

 

Ata o vindeiro 26 de marzo poderá desfrutarse das deliciosas propostas do concurso Val de Quiroga de Tapas, no que participan dez establecementos, dez deles de Quiroga e tres de Ribas de Sil. Cata tapa ten un prezo de 2 euros e poden degustarse as seguintes:

Adega de María: “Primavera”
Matrioshka: “Solomillo ao roquefort”
Chapakuña 3: Delicias de polo ó padano”
Ferreiriño: “Os praceres da nosa terra”
A Botica: “Polo pan baila o can”
Ruxe-Ruxe: “Piruleta Popcorn”
O Portón: “Sabores do Portón”
Restaurante Praia Fluvial: “Sapito”
Restaurante las Vegas: “Pasapalos”
A Cabina: “A Cabinita”

A tapa que cada establecemento presenta a concurso, deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Os propios consumidores serán quen decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa. Unha vez totalmente cuberto votarán á que ao seu xuízo merece ser a gañadora do concurso.

 

 

O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100 € en metálico. Pero ademais os participantes que completen a degustación das tapas e voten á tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios.

 

Os premios aos que poden optar os participantes son numerosos: 200 € e 100 € en metálico; un menú degustación no restaurante Playa da Cova; unha visita guiada para dous na adega Val do Frade de Vilachá; un menú para dous no hotel Cardenal e comidas e ceas para dúas persoas en Torre Vilariño, Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica, Mesón Ferreiriño ou o Portón; unha estancia para dúas persoas no Hotel- Restaurante Las Vegas ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelo, EDV 2015 e Lar de Ricobao.

O sorteo dos premios e a tapa gañadora saberase a semana seguinte á Semana Santa, cando se abran as urnas e se faga o reconto de votos.

Nesta galería de fotos poden verse as tapas coas que participan no concurso o Bar O Portón (Quiroga), Restaurante Praia Fluvial de San Clodio e A Cabina (ambos de Ribas de Sil) e a do Ruxe Ruxe (Quiroga).

 

Artigos relacionados

Back to top button