OurenseÚltima hora

Recital de violín e piano este mércores no Teatro Principal de Ourense

Daniel Röhn e Milana Chernyavska actuarán no marco do ciclo de música Enclave de Cámara
Milana Chernyavska.

Cun programa cargado de paixón, musicalidade e virtuosismo con obras de célebres compositores como Leclair, Debussy ou Mendelssohn, pero tamén de compositores menos coñecidos coma o noruegués Christian Sinding, o dúo formado polo violinista alemán Daniel Röhn e a pianista ucraína Milana Chernyavska sorpremderá este mércores 7 de novembro ao público no Teatro Principal de Ourense.

No marco do VI ciclo de música Enclave de Cámara, o concerto comezará ás 20 horas, e as entradas oscilan entre os 5 e os 8 €. Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do concerto.

 

Daniel Röhn.

 

A actuación terá dúas partes. Na primeira interpretarán:
Jean-Marie Leclair (1697-1764) | Sonata en Re maior, Op. 9, n.º 3 (11′)
Claude Debussy (1862-1918) | Sonata para violín e piano
Christian Sinding (1856-1941) | Suite im alten Stil, Op. 10

E xa na segunda parte:
Ernest Bloch (1880-1959) | Nigun de Baal Shem, B. 47
Felix Mendelssohn (1809-1847) | Sonata en fa maior (1838)

Artigos relacionados

Back to top button