DeportesÚltima hora

Recollida de dorsais dos atletas do Campionato de España de 10K no Barco

 

Esta tarde comezaba a recollida de dorsais no pavillón vello do Barco por parte dos atletas participantes no XIII Campionato de España de 10 km que se desenvolverá mañá polas rúas centrais do Barco. Esta proba inclúe as categorías absoluta (feminina e masculina) e Máster (absoluta e feminina) e nela tomarán parte un total de 501 atletas en representación de dazasete Comunidades Autónomas entre as cales Galicia con 91 inscricións, é a máis numerosa. Ademais, haberá unha proba popular.

A recollida de dorsais, na cal tamén se lles entrega aos atletas unha bolsa de corredor, continuará ata última hora da tarde e retomarase a primeira hora de mañá domingo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button