OurenseÚltima hora

Recollida de lixo no Regueiro Novo do Queirugás (Verín) para celebrar o Día Mundial dos Ríos

Os profesores Chiqui e Lalo, dos Nature Watches Stars do María Inmaculada de Verín e de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, traballan de forma conxunta

 

Co obxectivo de rescatar, coidar e protexer os ríos de todo o planeta, que nas últimas décadas foron vítimas da contaminación a gran escala, nacía o Día Internacional de Acción polos Ríos (14 de marzo), grazas á decisión unánime de representantes de 20 países que en 1997 mantiñan un encontro na cidade de Curitiba en Brasil para buscar solucións á problemática causada polas represas. “Grazas a esas accións, era posible a eliminación dalgunhas represas hidroeléctricas, que tanto dano ocasionan ao medio ambiente, porén, falta moito camiño por percorrer para que nun medio a longo prazo, se produzan cambios verdadeiramente significativos en beneficio de toda a humanidade”, explica o profesor dos Ecovixiantes de Franciscanas Ourense, Gonzalo Sánchez Busóns.

 

O profesor Gonzalo Sánchez con parte do lixo retirado onte do río.

 

Así, na xornada deste domingo 14 de marzo, para conmemorar este día, o propio Gonzalo (Lalo) e Chiqui, profesora dos Nature Watches Stars do María Inmaculada de Verín, aunaron esforzos para deixar o Regueiro Novo do Queirugás libre de lixo (escombro, latas, plásticos, caldeiros ou extintores). “Trátase dun día para aprender os uns dos outros acerca das ameazas ás que se enfrontan os nosos ríos, e para aprender mellores solucións para afrnntar os problemas de enerxía e agua. Un día para aunar esforzos para, xuntos, facer público que estas cuestións non nó afectan a nivel local, senón que teñen un alcance mundial”, sentencia Sánchez Busóns.

O vindeiro mércores 17 de marzo Lalo e Chiqui participarán cos seus alumnos na Campaña Nacional de Libera SeoBirdLife “1m2 polos noso ríos, encoros e pantanos”.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button