
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Viana do Bolo procederá a realizar unha recollida de plásticos de uso gandeiro “co obxectivo de seguir preservando o noso entorno”, tal e como anunciaba a través dun bando o alcalde en funcións, Andrés Montesinos.
Esta recollida realizarse na semana do 17 ao 21 de xaneiro. Ademais, no bando específicase que “os plásticos depositaranse nun lugar axeitado e limpos na medida do posible de materia orgánica e libre de cordelas, para a súa posterior recollida por parte dos servizos municipais”.