CulturaCulturaÚltima hora

“Recordos” de Antonio Danoz na Sala de Exposicións de Verín

A Sala de Expoicións de Verín acollerá, dende mañá (27 de abril) até o 27 de maio a mostra “Recordos”. Unha exposición pictórica do artista verinés Antonio Danoz.

Esta mostra está composta de cadros en diferentes formatos, que percorren varios momentos da vida cotiá. Pequenas experiencias vividas que nun momento e nun lugar cobran vida a través da pintura acrílica. Cores vivas, brancos, negros…toda unha gama de cores que se mesturan para dar vida a diferentes escenas.

Os horarios de apertura son de luns a venres de 17:30 a 21:00 horas; sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas.

 

Cartel da Exposición.

 

Artigos relacionados

Back to top button