CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Redegaita comeza esta fin de semana a xira internacional 2018

A primeira parada da banda de gaitas ourensá será Bélxica

Bruxelas, París, Lyon ou St. Etienne son algunhas das cidades europeas nas que actuará a banda de gaitas ourensá Redegaita dentro da xira internacional 2018.

Dirixida por Jhonathan Ferreira, Redegaita é a selección dos mellores alumnos das escolas de gaitas de Verea (Ourense), As Portelas de Lubián (Zamora), Aveiro (Portugal), A Gudiña (Ourense) e Zamora capital, con sede principal en Ourense, que leva a música galega e celta alá onde van, chegando a actuar nos mellores festivais de Francia.

O debut europeo deste ano levará aos 30 músicos da banda ata Bélxica para actuar no Centro Galego de Bruxelas o día 27 de maio, ademáis de dar un concerto ese mesmo día diante do afamado “Atomio” da cidade belga, “emblema de Bruxelas e de todo o país, comparable á torre Eifeel de París en fama e visitantes”, explica o director da banda, Jhonathan Ferreira. A seguinte parada, os días 28 e 29 de maio será na cidade belga de Mons, sendo a única banda española seleccionada para participar no Festival Internacional de Fanfares, onde concurrirán agrupacións de toda Europa.

E despois do “mini tour” polo país flamenco, a Redegaita espéralles catro actuacións máis ao longo deste ano en Francia: en París, en Lyon, en Bganeres de Luchon e en St. Etienne.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button