SanidadeÚltima hora

Redúcese a limitación horaria de reunións de non conviventes na rúa aos xoves, venres e sábados

Así o vén de anunciar a Consellería de Sanidade tras a reunión celebrada este mércores polo comité clínico que aposta por prolongar o resto de medida polo menos dúas semanas máis

 

A Xunta de Galicia cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes na rúa entre as 3:00 horas e as 6:00 h., en espazos públicos públicos e privados, aos xoves, venres e sábados. Así o vén de comunicar logo da reunión do subcomité clínico celebrada neste 12 de decembro.

Así mesmo, o subcomité acorda prolongar o resto de medidas polo menos dúas semanas máis, ata dar por rematada a sexta vaga que está a provocar unha explosión de casos en toda España.

No que respecta ao proceso de vacinación, o subcomité amosouse preocupado pola incerteza acerca de reducir de 6 a 3 meses o período de tempo que debe pasar dende a administración da segunda dose para poder administrar a de reforzo.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicou ao subcomité que procederá a elaborar un protocolo para a festividade do Entroido, unhas datas nas que adoitan producirse aglomeracións.

Artigos relacionados

Back to top button