CulturaCulturaÚltima hora

Reencontro da narradora oral Paula Carballeira co Barco con “Facer memoria”

Actuará na Teatro Lauro Olmo esta tarde de sábado a partir das 20h.

A contadora Paula Carballeira./ Cedida.

 

Entre contos e conversas a narradora oral Paula Carballeira desenvolverá este sábado 4 de decembro no Teatro Lauro Olmo o seu espectáculo “Facer memoria”, de Berrobambán. Será a partir das 20h. con entrada libre.

Trátase dunha sesión de narración oral con historias recollidas no Barco, na que lle dá voz ao público.”É un espectáculo entre o escénico e o experiencial, no que esvaemos os límites entre palco e patio de butacas, dando voz tamén ás lembranzas do público”, din dende Berrobambán.

“Facer memoria” é un proxecto para o Xacobeo 2021 dirixido por Chiqui Pereira.

Artigos relacionados

Back to top button